Descripción
Soltando Amarras 2023
O próximo 27 de abril de 2023 celebraremos unha nova edición de “Soltando amarras”, unha xornada de networking e motivación para emprendedoras, empresarias e directivas co obxectivo de desenvolver habilidades de liderado, aprender ferramentas de xestión de equipos ou poñer en valor o papel da muller no ámbito da pesca.
A metodoloxía que seguimos no evento é participativa, vivencial e desde a experiencia para facilitar a adquisición e a toma de conciencia das e os participantes, así como a aplicación efectiva no día a día, tendo como base unha perspectiva de xénero e o recoñecemento da muller en calquera ámbito da vida.
Acompañarannos mulleres dun gran valor profesional e persoal:
- Marta Costas Iglesias, subdirectora de asesoría xurídica e cumprimento Grupo Nova Pescanova
- Mar Ferrero, formadora en igualdade e habilidades directivas, que será a encargada de dirixir toda a xornada
- Andrea Alonso, coach de benestar organizacional
- Juana María Parada, Gerente de ORPAGU
- María Cabanelas, presidenta da Asociación de Mujeres Empresarias e Profesionais de Ourense
- Mariana Carballal, docente, directora de cinema, teatro, televisión e activista pola igualdade de xénero na cultura
Ubicación:
- Sede del Consorcio Zona Franca de Vigo (Rúa Aeal, nº 46, Vigo. Pontevedra)
Precio:
- Só asistencia: gratis
- Descarga o Programa aquí
Valoraciones
No hay valoraciones aún.