XORNADA TALENTO FEMININO NO RURAL

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next e Empresarias Galicia organizan unha Xornada de Talento Feminino no Rural. A actividade, con entrada libre e gratuíta, desenvolverase no Castelo de Castro Caldelas o mércores, 14 de xaneiro, en horario de mañá. 

Ás 10:00h será a benvida e presentación da Xornada coa intervención da alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega Núñez; a presidenta de Empresarias Galicia, Susana Pérez Iglesias e a vicepresidenta de Ribeira Sacra Next, Marisol Borrajo Lorenzo.

Na mesa de debate da Xornada exporán a súa experiencia como mulleres emprendedoras desde e para o rural:

  1. Sandra Viñas Diz, CEO de Mare Monte con sede en Sanxenxo, destinada ao cultivo ecolóxico de cogomelos, fábrica de conservas e patés. A empresa recibía este verán o Premio BBVA aos Mellores Produtores Sostibles.
  2. Olalla Cuiña Gómez, presidenta do Consello de Administración do grupo empresarial da familia Cuiña, con sede en Lalín. O grupo con firmas como Inasus SL, Metaldeza e Eliper Group SL, ocupa a máis de 300 traballadores.
  3. Elisa Fernández Ferreiro, educadora e consultora financieira. Desde San Xoán de Río acompaña a persoas e Pemes que queren ter máis claridade e tranquilidade no seu futuro financieiro.
  4. Lucía López Sobrado, de Gandaría Puluán en Monforte de Lemos. Lucía formouse en veterinaria para aportar máis valor á empresa familiar, que desde fai 3 anos tamén transforma en queixo a produción das máis de 140 vacas da explotación.
  5. Raquel Estévez Rodríguez, auxiliar de enfermaría que no 2018 poñía a andar en Monforte de Lemos o centro de día Vida, con 40 prazas para a atención a persoas maiores e con discapacidade.
  6. Pilar Díaz Vázquez, xerente de Casa dos Muros. Unha casa de turismo rural que comezou a funcionar en Pantón no 2000 e que reinventa a oferta turística con xogos de escapismo.

A xornada pretende ser un espazo para dar acollida e representatividade ás voces das mulleres emprendedoras e empresarias en Galicia e, en particular na Ribeira Sacra; incorporando experiencias e perspectivas lideradas por mulleres noutros territorios. A iniciativa para establecer redes de contacto e crear sinerxias de colaboración do talento feminino, completarase cun café networking, pechando a xornada ás 13:00h.

📩 Inscríbete  AQUÍ.

También te puede interesar:

Proyecto financiado por la Unión Europea - NextGenerationEU