Curso gratuíto de Primeiros Auxilios: aprende a actuar cando máis importa

Un atragoamento, unha caída, unha queimadura ou un desmaio poden pasar en calquera momento, na casa, na rúa ou no traballo, e saber como reaccionar neses primeiros minutos pode marcar a diferenza. Por iso, o terceiro curso do programa de prevención de riscos laborais que Empresarias Galicia desenvolve grazas á subvención da Xunta de Galicia está dedicado aos primeiros auxilios.

Trátase dunha formación gratuíta, de 30 horas e en modalidade online, que se desenvolverá do 7 ao 30 de setembro de 2026, con 15 prazas dispoñibles.

Que ides aprender?

O curso ofrece unha formación básica e imprescindible en primeiros auxilios, pensada para que calquera persoa poida actuar de maneira adecuada ante unha situación de emerxencia. Máis alá da parte técnica, tamén busca sensibilizar sobre a importancia de axudar a unha persoa accidentada, fomentando unha actitude solidaria e responsable, e dando a coñecer a obriga legal de auxilio que todas e todos temos. O enfoque é moi práctico, con apoio de imaxes e vídeos que facilitan visualizar e reproducir as técnicas con seguridade.

O temario percorre, entre outros, os fundamentos de anatomía e fisioloxía humana, que facer ante un accidente, a exploración da persoa accidentada, o soporte vital básico, a obstrución da vía aérea por atragoamento e a posición lateral de seguridade. Tamén se abordan traumatismos, lesións en extremidades e inmobilizacións, queimaduras e golpes de calor ou frío, hemorraxias e shock, lesións en ollos, nariz e boca, electrocucións, alteracións da consciencia, e intoxicacións ou picaduras e mordeduras de animais.

A formación corre a cargo dun docente con titulación en Ciencias da Saúde (licenciatura, grao, diplomatura ou técnico/a superior da familia sanitaria).

empresarias galicia_curso primeiros auxilios_1

A quen vai dirixido?

A persoas traballadoras activas ou en situación de desemprego, autónomas, delegadas e delegados de prevención, recursos preventivos e persoas traballadoras designadas que asuman con medios propios a acción preventiva da súa empresa.

empresarias galicia_curso primeiros auxilios_2

Como apuntarse?

As prazas son limitadas, así que se vos interesa, non o deixedes para o último momento:

Tamén podes cubrir o seguinte formulario e poñerémonos en contacto contigo para formalizar a inscrición:

Curso gratuíto grazas ao programa de Accións de Fomento da Prevención de Riscos Laborais, cofinanciado pola Xunta de Galicia.

empresarias galicia_curso primeiros auxilios_3

Deja un comentario