¡Nova Oferta de Emprego!: Responsable de Comunicación e Marketing

📢 Oferta de Emprego 📢

Tes experiencia en comunicación, márketing e xestión administrativa?

📍 Localización: Vigo
📄 Tipo de contrato: Indefinido, tempo completo

Responsabilidades principais:

✨ Área de Comunicación e Marketing:

Deseño de cartelería para eventos.
Xestión de redes sociais e contido dixital (web, blog, newsletters).
Relación con medios de comunicación e axencias.
Atención e comunicación coas nosas socias.

✨ Área Administrativa:

Apoio na xestión de documentos.
Preparación de informes e presentacións.
Coordinación de reunións e eventos.
Xestión de provedores.

✨Requisitos:

Empadroada en Vigo (requisito obrigatorio).
Licenciatura/Formación en Comunicación, Marketing, Administración ou afíns.
Experiencia mínima de 2 anos nun posto similar.
Excelentes habilidades de redacción e comunicación verbal.
Coñecementos avanzados en ferramentas dixitais e de márketing (SEO SEM, redes sociais).
Habilidades organizativas e proactividade.

✨Ofrecemos:

Salario competitivo e beneficios adicionais.
Oportunidades de crecemento profesional.
Ambiente de traballo dinámico e colaborativo.

¿Interesado/a?

Envía o teu CV a: administracion@empresariasgalicia.com
⏳ Data límite para aplicar: 28 de novembro de 2024

Únete ao noso equipo e axuda a impulsar o crecemento de Empresarias Galicia! 🚀

Deja un comentario


El periodo de verificación de reCAPTCHA ha caducado. Por favor, recarga la página.